domingo 12 de febrero de 2012

Os nosos xardineiros

Un grupo de alumnos entre os que están os que podedes ver na foto, veñen as tardes dos xoves a traballar no xardín. O xardín interior mellorou moito estes últimos días. Realizaron labores de limpeza no xardín dos fentos e no xardín exterior están realizando labores de poda.
¡ánimo rapaces!

sábado 28 de enero de 2012

Asistencia a Confint-Galicia 2012

O 14 de xaneiro, no Museo Pedagóxico, en Santiago de Compostela, tivo lugar unha xuntanza de alumnos, profesores e pais, en representación dos centros adscritos á Axenda 21 Escolar de Galicia, onde expuxeron e compartiron as súas propostas para a protección do planeta.

As nosas alumnas Noa Castro Lema, Lara Castro Lema e Cristina Casal Carrodeguas presentaron a mascota que vedes na foto así como un cartel promovendo o consumo responsable de auga.

De este encontro sairon elixidos un grupo de estudantes, entre os que están as nosas alumnas, que están representando á nosa comunidade no Confint-España, que se está celebrando en Victoria-Gasteiz, compartindo experiencias cun centenar de mozos de Cataluña, País Vasco, Madrid, Albacete e Canarias.

De aí a Confint-Europa, que contará con dous portavoces galegos, en Bruxelas do 14 ao 16 de maio.

O fin último destas actuacións e dar voz aos mozos sobre os retos do desenvolvemento sostible, chegando a unha declaración final que será froito de numerosos debates e reflexións colectivas a nivel de centros educativos

martes 28 de junio de 2011

Peche das aulas de natureza no Caurel

A Xunta e a Deputación pechan as súas aulas da natureza no Courel.

A Xunta pechou a aula da Natureza de Moreda, na entrada da Devesa da Rogueira, xusto antes de Semana Santa, despois de 20 anos funcionando,.

A Deputación de Lugo, inaugurou xusto antes da campaña electoral, o16 de marzo, unha aula nun cuarto que lle cedeu a USC na Estación Científica de Seoane e xa a vai clausurar cando remate xuño. Dende esta aula, organizáronse, rutas guiadas polo Courel, para todos os colexios que o solicitaron.

As dúas Institucións alegaron falta de fondos europeos, pero non é así xa que hai fondos para outras actividades: canteiras, minas, plantación de plantas pirofitas, etc.
Velemos por salvagardar un dos espacios naturais máis importantes de Galicia.

martes 1 de marzo de 2011

Limpeza praia Esmelle

O Martes 22 de Febreiro fixemos, como en anos anteriores, un rexistro dos residuos da praia de Esmelle. Aproveitamos, de paso, para limpar a praia (unha parte).

jueves 10 de febrero de 2011

lunes 25 de octubre de 2010

domingo 20 de junio de 2010

Actividade: Saída medioambiental a Ortigueira


O próximo martes 22 de Xuño faremos unha saída ata Ortigueira. Colleremos o tren as 10:30 h na Estación de FEVE e chegaremos de volta ao redor das 21 h. Pretendemos ir ata a praia e volver á vila pola beira da ría.

A ría de Ortigueira e un humedal de importancia internacional e zona de especial protección para as aves (ZEPA) e forma parte da rede Natura 2000. Teremos a oportunidade de coñecer un dos millores humedais de Galicia e esperamos poder avistar algunhas das numerosas aves que viven neste ecosistema.

martes 27 de abril de 2010

Actividade: "Observar a costa"

O vindeiro xoves, 29 de Abril sairemos á costa de Covas, onde rexistraremos o impacto ambiental producido pola actividade humana. Faremos reconto do lixo xerado e de calquera outra incidencia significativa.
Os participantes deberán levar luvas e roupa axeitada á actividade.
A hora de saída será ás 9 e a volta, arredor das 13 h.








O grupo, despois do traballo:

miércoles 3 de febrero de 2010

Actividade Medioambiental en Doniños

XOVES 4 DE FEBREIRO
Saída ás 9:30 e chegada ao IES ás 13:30 aproximadamente.
Levarase a cabo unha extracción de especies vexetais alóctonas e realizarase un itinerario medioambiental polo ecosistema dunar e cantís.
Os participantes deberán traer luvas de traballo, calzado e roupa axeitado para camiñar.
Os interesados tedes que recoller as autorizacións en conserxería e entregalas antes do xoves en xefatura de estudos ou vicedirección.

jueves 5 de noviembre de 2009

Shoe aid for Africa



A marca de produtos para o c0idado do calzado Kiwi, lanzou a campaña "Shoe aid for Africa". En cooperación con Humana e o futbolista camerunés, Samuel Eto’o, Kiwi intenta repetir, ou mesmo mellorar, a exitosa campaña do 2006.

En algunhas áreas de África, os zapatos non son un artigo doado de conseguir para todo o mundo. O feito de non ter un bo par de zapatos pode excluír aos adultos de conseguir un traballo o pode evitar que os nenos vaian á escola.
As caixas estarán nos supermercados (Hipercor e O Corte Inglés) durante aproximadamente un mes, dando tempo para que os consumidores depositen alí os seus zapatos. Cada semana, Humana recollerá todos os zapatos destas caixas e as levará a os seus almacéns.
Pódense entregar zapatos e botas de adulto e neno, zapatos prácticos, usados pero en bo estado. Non se aceptan nin zapatos de tacón nin botas de neve. E todos os zapatos que se entreguen deben estar limpos de sucidade grosa o barro, levar cordóns no caso de zapatos con cordóns e non ter ningún desperfecto importante.
De decembro de 2009 ata abril de 2010, todos os zapatos serán distribuídos en zonas rurais de varios países africanos: Camerún, Kenia, Malawi, Mozambique e Sudáfrica.

jueves 15 de octubre de 2009

Un novo curso de Axenda 21

lunes 29 de junio de 2009

Fin de curso da Axenda 21

Os da Axenda 21 celebramos o fin de curso cunha excursión polas ribeiras do río Sil e camiñando logo polas rutas de "O courel". Aquí os deixamos unhas marabillosas imaxes que poidemos contemplar "in situ".

Esta primeira corresponde á "Fonte do Cervo" no corazón da Devesa de Rogueira, a 1300 m de altura. Realmente, son dous manantiais: un de augas calcáreas e outro, proximo e a súa dereita, de augas ferruxinosas, que xunto á vexetación das rochas lle dan esa impresionante cromaticidade.











A 2ª imaxe é unha vista do Canon do Sil coas súas dúas marxes cheas de cultivos de viño. A erosión modelou figuras nas rochas que a tradición interpreta que corresponden aos bispos de Ourense, na marxe esquerda e a do de Lugo, enfronte, de costas, na marxe dereita.

Por último unha foto de o grupo disfrutando da viaxe polo río.

¡¡Ata o vindeiro curso!!