Se convoca a todos/as os que desexen participar:
- alumnos/as que xa estaban no curso pasado

- os novos que asinaron o compromiso para este curso
- pais
- persoal non docente
- profesores
Orde do día:
- Constitución do comité.
- Información sobre os proxectos a desenvolver este ano: Axenda 21 escolar e Comenius "Life in harmony with Nature".
- Planificación das actividades.
- Rogos e preguntas.
A túa asistencia é moi importante.
Nota: Admítense suxerencias a través do comentario deste blog.
7 comentarios:
Muy buenas a todos os blogeiros da web, estamos xa casi en decembro e no imos parar de ter reunións dende aquí ata o ano que ven, entre comites, avaliacións, claustros, pero bueno, en fin haberá que asistir se o que queremos es que todo isto poñase en marcha.
Boa idea o de facelo chamamento polo BLOG.
Paréceme ben a convocatoria do Comité Ambiental pero creo que os alumnos apuntados na axenda 21 terían que vir a esta reunión e moitos non saben que é iso do Comité, ¿como podemos avisalos? ¿e aos pais?
Eu o que pediría sería que logo as reunións non sexan xoves ás 16:30 porque teño clase na escola de idiomas. Se ten que ser a esa hora, os venres sen problema, ou para cando rematemos o curso, nesas horas do luns ou mércores.
Boas a todos, a mi a orde do día paréceme ben. Estou de acordo co profe de Tecnoloxía en que nos próximos tempos non imos parar de ter reunións. Temos que enchernos de paciencia.Hai que pensar na forma de avisar aos pais, bueno, máis ben nais. Quizáis a forma máis efectiva é mandarlle aviso polos seus fillos, polo menos ás que asistiron o curso pasado.Pensadeo.
Hola a tod@s. Alégrome de que o blog vaia tendo actividade, que estea vivo. Algún, mesmo, “da a cara”. A ver si isto se propaga aos alumnos e tamén, por qué non, aos pais. Si se utiliza, pode ser a mellor maneira e a máis barata de comunicarse entre todos.
Saludos a tod@s, é estupendo que haxa este tipo de comunicacións xa que estamos todos con bastantes traballos e diferentes horarios, os xoves eu os teño ocupados pola tarde e non poido asistir a reunión, pero quero animar as persoas que son respetuosas co medio que nos rodea a que continuen así porque se necesita dar exemplo ademáis de argumentos.Teño un pps que fala do impacto no medio das bolsas plásticas e que é preciso reducir seu consumo, si queredes que se vexa na páxina eu o paso.
Benvida ao foro e á páxina.
De iso se trata: que todos aporten algo. Canta máis xente, mellor. Pois veña, pásao (o pps).
Publicar un comentario en la entrada