miércoles, 26 de noviembre de 2008

O FEISMO DE GALICIA

O que veño a dicir e moi simple :
Antigamente elaborábanse os obxectos con productos artesanais (como madeira, vimbio, etc…). Hoxe en día estes materias están case en desuso, algúns case a punto de desaparecer como é o caso do vimbio que aparece por Galicia abandonado e formando grandes sebes de altura desproporcionada (que non é a que debería ter realmente).
Actualmente a xente galega deulle por “reciclar” os somieres metálicos que serven para garda-lo gando, nas súas fincas ou incluso para facer de porta para un pendello (lugar destinado a gardar gando, herba seca e ferramentas). Hai persoas que están a favor e outras en contra como en todo, por suposto.
Isto so é unha parte, porque por Galicia adiante hai máis mostras do “FEISMO” (como casas de ladrillos sen rematar durante anos, antenas enriba das cortes das vacas ou colchóns no monte).

A FAVOR

  • Axudan a cerca-lo gando para evitar que escape.
  • Axudan a cercar unha finca facendo de “portal”.
  • Evitan corta-las arbores para facer peches.
  • Evitan que “contamine” por aí tirado e danlle un uso reciclado.

    EN CONTRA
  • Son “feos”, nada estéticos co medio rural.
  • O seu uso excesivo na mesma finca pode ser tóxico ou prexudicial.
  • O seu famoso uso, na actualidade pode dar lugar a máis feísmo en Galicia.
  • Pode dar lugar a que o monte que se usaba para facer peches de madeira, este aínda máis abandonado.

Enviado por Javier Lago Díaz, de 4ºA ESO