jueves, 11 de diciembre de 2008

Un compoñente dos plásticos: O bisfenol A

O Bisfenol A ou BPA [2,2-bis(4-hydroxyfenil) propano] é un producto químico que se utiliza dende fai moitos anos (dende 1950) como compoñente para a fabricación de policarbonato e resinas epoxi-fenólicas.

Actúa como un perturbador endocrino que pode afectar á fertilidade e á reproducción. Ao ingresar nos organismos vivos altera o funcionamento do seu sistema endocrino, e pode ocasionar efectos como o cáncer.

Fórmula molecular: C15 H16 O2
Peso molecular: 228,28 u
O policarbonato (símbolo 7) é un polímero termoplástico ríxido transparente que se usa para:


  • Biberóns de bebés
  • Aparatos médicos: humidificadores de O2, lentes, incubadoras
  • Botellas de bebidas (botellas de auga)
  • Equipos deportivos: cascos
  • Cd's
As resinas epoxi-fenólicas utilízanse en recubrimentos e revestimentos de latas de conservas e depósitos de alimentos e bebidas así como latas ou tapas de metal.
Debido a que os alimentos se atopan en contacto co BPA que está nos envases que os conteñen, pequenas cantidades do composto poden migrar dende o envase ou o recubremento ata o alimento. Estudos realizados pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria concluíron que a inxesta diaria tolerable (IDT) polo home pode establecerse en 0’05 mg/Kg.día.
Existe un forte debate entre os que defenden que é inocuo e aqueles que din que provoca alteracións hormonais, diabetes, enfermidades cardíacas e cáncer e propoñen mentras non se prohibe a súa utilización tomar precaucións co seu uso.
Medidas a tomar para evitar os seus efectos
  • Non colocar no microondas recipientes plásticos para quentar líquidos ou alimentos, utilizar recipientes de vidro ou cerámica.
  • Non lavar recipientes de plástico no lavalouzas e evitar deterxentes agresivos xa que os deterxentes alcalinos fortes incrementan a filtración de bisfenol A.
  • Evitar o uso de botellas de auga e biberóns de plástico reutilizable que conteñan policarbonatos, e en xeral aqueles que teñen o indicador 7.
  • Utilizar recipientes de vidro ou plástico de polietileno.
  • Comer productos frescos. Reducir o consumo de alimentos enlatados.
  • Non deixar latas ou bebidas moitos anos sen consumir, porque así se favorece a migración do bisfenol A aos alimentos ou bebidas.
Traballo realizado polos alumnos de Química de 2ºE