jueves, 12 de febrero de 2009

Visita á empresa RECINOR

O 29 de xaneiro os alumnos do Ciclo de Química Ambiental fixemos unha visita a RECINOR. É unha empresa que se dedica ao reciclaxe dos residuos xerados pola construción e demolición. Atópase na estrada de Catabois.
Os camións chegan cargados de entullo. Unha vez pesada a súa carga, entran na zona de descarga, onde botan o seu contido. Despois, unha pala se encarga de ir alimentando a maquinaria para o seu procesado.
Sepáranse os materiais da seguinte forma: Primeiro, os residuos voluminosos. De seguido unha peneira, os separa en tres fraccións:
  • A fracción fina, area, que se utilizará despois para nivelación e recheos de xardíns ou para volver a fabricar materiais de construción, …
  • A media, gravilla, serve para recheo de gabias, e firmes do chan. No propio instituto, a zona do aparcamento está feita con “zahorra”, que é un material de fracción media pero que procede da trituración do formigón.
  • Y por último, a fracción grosa, que supera os 6 cm, útil para grandes recheos.
Entre outras, unha das aplicacións destes residuos revalorizados que puidemos ver é a trituración de pneumáticos, pintados de cor marrón, que simulaban as cortizas de pino, ou borrachas. Non notabas a diferenza a menos que colleras un anaco coas mans.
Nos pareceu moi importante o feito de que se valoricen cada día máis tipos de residuos, e que en xeral, en tódolos procesos, a chamada “mellora continua” parece funcionar á perfección, xa que cada vez son máis os residuos que valoriza (un 95%).
Carmen Portals / Carmen Seoane (CS Química Ambiental)