jueves, 21 de mayo de 2009

Excursión a Pontevedra

Na excursión que fixemos os de 1º e os de 4º a Pontevedra coa Axenda 21 no bus na ida todo moi ben xunto cos de Canido. Ao chegar a alí presentamos os nosos traballos e miramos os dos demais centros. Despois déronnos uns pinchos para xantar que a verdade, non estaban nada ben... Tivemos que mercar nós algo para comer. Pola tarde un centro representou unha obra teatral e despois fumos a un obradoiro no que comezamos a xogar con pintura e acabamos coa pintura por toda a roupa a cara...
Unha cousa coa que me quedei abraiada é que todos os nenos falaban galego menos nós. Tiña a impresión de que en case toda Galicia falábase o castelán pero estaba equivocada. Nalgúns momentos sentíame moi rara falando castelán.
Mándovos unha foto de como quedamos despois de xogar con toda a pintura.Un saúdo: Inés Paz Espiñeira. 1º E.S.O.