A Xunta e a Deputación pechan as súas aulas da natureza no Courel.
A Xunta pechou a aula da Natureza de Moreda, na entrada da Devesa da Rogueira, xusto antes de Semana Santa, despois de 20 anos funcionando,.A Deputación de Lugo, inaugurou xusto antes da campaña electoral, o16 de marzo, unha aula nun cuarto que lle cedeu a USC na Estación Científica de Seoane e xa a vai clausurar cando remate xuño. Dende esta aula, organizáronse, rutas guiadas polo Courel, para todos os colexios que o solicitaron.
As dúas Institucións alegaron falta de fondos europeos, pero non é así xa que hai fondos para outras actividades: canteiras, minas, plantación de plantas pirofitas, etc.Velemos por salvagardar un dos espacios naturais máis importantes de Galicia.